Tuesday 30 de April de 2024

O alumnado da EEI Extramundi protagoniza a derradeira sesión do obradoiro “Na mestura está a igualdade”


O alumnado da escola de educación infantil Extramundi (Padrón) participou esta mañá na derradeira sesión do obradoiro “Na mestura está a igualdade”, que dende o 8 de outubro se impartiu nas EEI de Queiruga (A Escravitude), A Ponte e A Retén. Unha actividade organizada polo Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller, con motivo da conmemoración do 25-N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Como nas edicións anteriores, o alumnado da unitaria de Extramundi elaborou unha árbore moi especial, onde toda a comunidade educativa quixo estampar as súas mans violetas amosando que desexan respecto para todas as persoas.

A concelleira de Igualdade e Muller, Lorena Couso, amósase “moi satisfeita pola boa acollida que tivo entre a cativada esta primeira actividade que o noso CIM de Padrón pon en marcha este ano con motivo da campaña do 25 de novembro. Pensamos que a educación é un ámbito sensible para as políticas de igualdade e canto máis pronto comecemos, mellor”.